ESPECTÁCULOS NA REDE CULTURAL 2022

PRODUCCIONES MUSEO DE MAGIA KIKO PASTUR SL

OFRECE 3 ESPECTÁCULOS DE MAXIA (PROPOSTOS NA DEPUTACIÓN CORUÑA 2022)

ESPECTÁCULO 1: «UNHA NOITE NO MUSEO DA MAXIA»


Caché nos Circuitos da Deputación «Unha Noite no Museo de Maxia»: 1.500 euros (IVE incluido)

TRAXECTORIA KIKO PASTUR

Kiko Pastur é o único ilusionista galego que ostenta un Premio Mundial de Maxia (FISM Estocolmo 2006) e un dos máis prestixiosos e premiados de España (xiras en Xapón, EEUU, China, etc.) e máis de 25 anos de experiencia.

Creador e director do «Museo de Magia Kiko Pastur» en Santiago de Compostela, único en Galicia.

O lexendario Juan Tamariz di de el: “Kiko es para mí la esencia de la sensibilidad poética en Magia. Y de la originalidad en sus juegos, rutinas y espectáculos mágico-poético-musicales. ¡Gracias Kiko!”


ESPECTÁCULO 2: «DEGUSTACIÓN DE IMPOSIBLES»

Unha obra do ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth, na que distorsiona a realidade do público con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, mesturando sempre a imposibilidade co humor e o misterio. 

Esta experiencia interactiva e artística deleita ao espectador invitándoo a entrar nun mundo onde todo se presenta susceptible a ser transformado, onde nada e imposible.  Atréveste?

Caché nos Circuitos da Deputación: 995€ (IVE incluido)

TRAXECTORIA JOSHUA KENNETH

Joshua Kenneth nace no ano 1995 na cidade de A Coruña. O interese pola maxia deste mozo inglés-coruñés, comeza no 2006, no espectáculo “Armas baixo control” do Mago Antón. 

Dende ese momento queda fascinado por esas curiosas habilida- des e comeza unha aprendizaxe inicialmente autodidacta e poste- riormente académico; estudando na 1a promoción da única univer- sidade de ilusionismo no mundo, en San Lorenzo del Escorial. Ademais, complementa a súa formación establecendo contactos con magos galegos, nacionais e internacionais. 

Ten participado en diversas actividades organizadas por centros públicos e privados, facendo aparicións en tv galega e nacional, aportando a súa visión da vida a través do arte do imposible. 


ESPECTÁCULO 3: «GALA DE MAGOS GALEGOS»

“GALA DE MAGOS GALEGOS”

Un espectáculo de maxia para todos os públicos cunha selección dos mellores números de maxia de tres dos máis prestixiosos ilusionistas galegos da actualidade, avalados con premios internacionais.

Caché nos Circuitos da Deputación:: 2500€ (IVE incluido)


Teléfono para contratacións: 666 990 147 (Kiko Pastur)

Correo electrónico: info@museodemagiakikopastur.com

Rede Cultural: Producciones Museo de Magia Kiko Pastur SL